Turismo inicia as obras de protección do castro de Punta Atalaia, en Cervo

A Consellería de Cultura e Turismo iniciou unha serie de traballos encamiñados cara a protección do xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia, no municipio lucense de Cervo. A actuación ten por obxecto evitar o deterioro do castro a causa, principalmente, das inclemencias meteorolóxicas.

O xacemento de Punta Atalaia é un asentamento castrexo, pertencente ao período galaico-romano (séculos I-III d.C), que se encadraría nun tipo de asentamentos costeiros documentados na costa cantábrica galega e romanizados na súa práctica totalidade.