Ribeira Sacra ronda os 3 millóns de kilos de uva

Logo dunha das fins de semana de máis actividade na viña, a recollida de uva na Denominación de Orixe Ribeira Sacra ronda os 3.000.000 de quilos, sendo a maioría de Mencía. Nesta fin de semana, segundo informa o Consello Regulador, terminaron a vendima en Ribeira Sacra 27 adegas, 64 permanecen abertas e 2 aínda non comezaron os traballos.

A calidade, o grao e as condicións sanitarias da uva están sendo moi boas, segundo apunta o Consello. Ademais, as previsións climatolóxicas para os próximos días non contemplan choivas, polo que se espera que esta semana siga mantendo a liña de boa colleita iniciada o pasado día 15, data recomendada polo Consello para o inicio da vendima. Con respecto ao ano pasado, a campaña vai un pouco adiantada pero non é un adianto “significativo” para o Consello Regulador.