Galicia participa nun encontro de asociacións xacobeas

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colaborará, a partir deste venres, nunha reunión de asociacións xacobeas francesas que se celebrará na cidade de Reims. O encontro, que leva por título “Rencontre à Reims”, prolongarase ata o domingo, e coincide con algúns actos da conmemoración dos 800 anos da consagración da catedral desa cidade.

A este evento asistirán representantes de numerosas asociacións relacionadas coas vías de peregrinación francesas e tamén doutros países, entre as que destacan as procedentes de Bélxica e a Confraternity of St. James de Londres.