Debate para celebrar o Día Mundial do Turismo

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago acolle este martes unha xornada co gallo da celebración do Día Mundial do Turismo. As actividades comezarán ás 9.45 horas coa inauguración oficial, a cargo do reitor da USC, Juan Casares Long, e outras autoridades, entre elas a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo. A primeira conferencia terá lugar ás 10.00 horas baixo o título “Tempos de incerteza e esperanza: Unha mirada optimista sobre o futuro do sector turístico mundial”. Correrá a cargo de Javier Blanco Herranz, director de Membros Afiliados da OMT.

A xornada rematará coa exposición das conclusións da Mesa Redonda sobre “Novos cambios do sector turístico en Galicia” a cargo de Aser Álvarez, director de Comunicación da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela (foto).