Curso do CSHG en Vilagarcía de Arousa

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), a través do seu departamento de Consultoría e Formación, está impartindo en Vilagarcía de Arousa un curso de Servizos en Hostelería, co fin de mellorar a capacitación de 15 persoas da comarca. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, promove esta formación que finaliza o día 30. A formación rematará cunhas prácticas no Hotel Castelao.

Trátase dun curso teórico-práctico de 60 horas dividido en dúas partes. O módulo de camareiro de sala pretende capacitar aos alumnos nas particularidades da profesión en restaurante, cafetería ou bar. O segundo módulo céntrase na formación deste profesional en pisos, onde debe coñecer o material e a maquinaria que se utiliza nesta profesión.