
Entre os xardíns recollidos nesta guía turística están o Pazo de Mariñán, a Alameda de Santiago de Compostela, o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, o Pazo de Oca e a Casa-museo de Rosalía de Castro na provincia da Coruña; o Pazo de Rubiáns, o Pazo Quinteiro da Cruz, o Pazo da Saleta, o Pazo de Lourizán, o Castelo de Soutomaior, o Parque do Castro e o Pazo-museo Quiñones de León, na provincia de Pontevedra.
Esta nova publicación turística terá unha tirada de 20.000 exemplares na súa primeira edición e poderase atopar impreso nas oficinas de Turismo da Xunta de Galicia. Ademais, servirá para a promoción entre axentes turísticos especializados e en feiras turísticas. ‘A ruta da camelia’ pódese consultar e descargar en formato PDF dentro da páxina web do Turismo de Galicia www.turgalicia.es , no apartado descargas.