Juárez pon a Martín Códax como exemplo en I+D+i

conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou as instalacións experimentais de Pé Redondo, propiedade das Adegas “Martín Códax”, no concello pontevedrés de Meis. Esta é unha finca de 12 hectáreas centrada no estudo da uva albariña da Denominación de Orixe Rías Baixas, onde a adega impulsa diferentes investigacións e ensaios, coa fin de afondar no coñecemento das propiedades da uva e mellorar a calidade do produto.

O titular de Medio Rural puxo a Martín Códax como exemplo de compromiso coa Investigación, o Desenvolvemento e a innovación (I+D+i), así como coa internacionalización dentro do sector vitivinícola galego. Salientou ademais a importancia cualitativa e cuantitativa desta empresa, que produce hoxe en día máis do 15% do viño certificado pola Denominación de Orixe Rías Baixas (case 2,5 millóns de litros dos máis de 16 millóns certificados en total pola D.O. en 2010).