Feira artesán gastronómica en Castroverde

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Castroverde, José María Arias, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos a VI Feira Artesán Gastronómica que dito municipio acollerá o vindeiro domingo, 21 de agosto.

O Concello, en colaboración coa institución provincial, impulsa unha nova edición desta cita xa consolidada, logrando contar para esta convocatoria coa presencia de profesionais chegados das 4 provincias galegas que amosarán os seus produtos en preto de 80 expositores.

Nos case 80 expositores haberá produtos autóctonos como queixos, por exemplo os do Cebreiro ou San Simón da Costa, doces como as roscas das Terras de Turonio, ademais de pan, embutidos ou mel. Nestes espazos tamén se encontrarán os cesteiros, telleiros, forxeiros, tecedeiros, zoqueiros, torneiros, ferreiros, palilleiros, canteiros, xoieiros e ata profesionais de Portomarín adicados á destilación da auga ardente, facendo demostracións de ditos oficios tradicionais.

Ás desgustacións de productos autóctonos e ás demostracións de oficios artesanais, engádese, por primeira vez nunha feira de artesanía, un desfile de moda no que participarán deseñadores de Lugo e Ourense. Trátanse de Verónica Mari, Antía Castro, Sara Nájera, Lara Prada, Ángela Marín, ademais da firma lucense Noviabela.