Cultura acondiciona o castro de Viladonga en Castro de Rei

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura e Turismo pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios do contrato de servizos para o acondicionamento e consolidación arqueolóxica para a posta en valor do Castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei. As actuacións para a posta en valor deste Ben de Interese Cultural contarán cun orzamento de licitación de 226.560 euros distribuídos en tres anualidades e cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 70%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.