O CSHG, en Brasil

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) participa estes días na IV Semana Internacional de Gastronomía da Costa Esmeralda que se celebra nas cidades brasileiras de Porto Belo, Itapema e Bombinhas. O profesor Braulio García fará una demostración de diferentes técnicas de cociña empregadas na elaboración de pratos galegos coma as empanadas e mariscos e o uso de produtos típicos coma o polbo, vieiras, filloas, queixos e castañas.

Esta invitación xurdiu tras unha visita ao centro por parte do presidente da Costa Esmeralda Convention Bureau, Luiz Otavio Lustosa, o pasado 19 de maio.