Hostelería Compostela celebra a súa asemblea xeral

Os hostaleiros de Santiago e bisbarra teñen hoxe unha importante cita pois celebran a súa asemblea xeral ordinaria. O encontro terá lugar a partir das 17.00 horas, en primeira convocatoria, no Centro de Formación e Cultura da Asociación de Empresarios de Hostalería, situado na rúa Salvadas.

A orde do día inclúe a avaliación das actividades realizadas en 2010 e a aprobación das contas correspondentes ao exercicio en curso, entre outros puntos.