Feijóo gaba a costa galega como unha das máis atractivas de Europa

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe, no acto de entrega das Bandeiras Azuis 2011, que o recoñecemento da comunidade como unha das costas máis atractivas de Europa contribúe a que “a marca Galicia chegue a todos os recunchos do mundo e que a nosa terra siga sendo un referente turístico, porque previamente é un referente ambiental e da natureza”.

“A boa saúde das nosas praias e portos deportivos é un grande éxito colectivo e unha grande lección para moitos retos”, aseverou o presidente galego quen destacou que Galicia segue sendo “a primeira comunidade española en número de praias e portos galardoados”, incorporando ao listado tres novos portos distinguidos: os coruñeses de Ribeira e Sada e o pontevedrés de Portonovo.