A Deputación de Pontevedra anuncia un plan de promoción de Sabucedo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou a posta en marcha dun Plan de Promoción de Sabucedo, que incluirá a mellora da accesibilidade do curro e a potenciación tanto do albergue coma do centro ecuestre. O obxectivo é, dalgunha forma, desestacionalizar as visitas á zona.

Con respecto á Rapa das Bestas, que se celebra esta fin de semana, unha das novidades será o adianto da saída á procura dos cabalos, que terá lugar o venres. Outra das novidades que incluirá este ano a festa será a súa apertura ás persoas con discapacidades que acudirán dende a Asociación Juan XXIII, COGAMI, e a Asociación San Rafael de Vigo, entre outras. Concretamente, o curro do luns estará dedicado especialmente a estas persoas que entrarán gratuítamente.