Trinta persoas estrean os paseos polo Miño da Deputación de Lugo

Preto de 30 persoas participarán este venres nos Paseos Chill Out, incluídos no programa “Lugoteando” que organizaron conxuntamente a Deputación e o Concello de Lugo para poñer en valor o río Miño. Os participantes, a partir das 20:00 horas, gozarán dunha travesía en catamarán amenizada por un Dj con música chill out, pinchos e degustación dun cóctel de produtos autóctonos por tan só 15 euros.

Asimesmo, o sábado repetiranse os paseos en batuxo, unha velada de 30 minutos a bordo desta tradicional embarcación galega con degustación dun cóctel de produtos autóctonos. A inscrición neste caso custa 10 euros.