Atención aos ataques do mildiu

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, servizo adscrito á Deputación de Pontevedra, alerta da importancia de renovar os tratamentos da vide o antes posible para evitar a aparición de Mildiu nestas plantas. As condicións ambientais provocadas polo aumento xeralizado da humidade relativa, a suba das temperaturas e as choivas febles rexistradas o pasado domingo favoreceron a aparición de novos síntomas desta enfermidade. De feito, xa se deron pequenos brotes nalgunhas zonas.

Por este motivo, e tendo en conta que o acio atópase nun momento de máxima sensibilidade ás infeccións, deberase aplicar nas cepas nas que non se aplicara nos últimos días un funxicida sistémico ou penetrante. A pesar de que o estado fenolóxico da viña está bastante adiantado, aínda é pronto para aplicar produtos a base de cobre.

Dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro tamén recomendan engadir ó tratamento un funxicida fronte o Oidio.