Apertura da veda da centola

O mércores comeza o segundo periodo do ano de captura da centola, que rematará o vindeiro 31 de agosto. A Consellería do Mar autoriza a apertura da centola nas tres provincias costeiras galegas, despois de dous meses de veda reprodutora.

Poderán participar na campaña de extracción os titulares das embarcacións con porto base en Galicia que teñan autorizada no seu permiso de explotación algunha arte dirixida á centola. Os crustáceos capturados deberán acadar unha talla igual ou superior aos 12 centímetros para que a súa venda sexa legal.