A Xunta fomenta os hábitos de alimentación saudables

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con outros departamentos da Xunta e institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, está a favorecer a adquisición de hábitos saudables nos menús dos escolares galegos, a través de diferentes iniciativas. O obxectivo é conseguir que os máis novos aprendan desde a infancia a levar unha dieta equilibrada desde o punto de vista nutricional, consumindo ademais alimentos propios de Galicia, como os procedentes do mar, froitas e verduras.

Nun primeiro momento a Consellería dirixiu a súa mirada cara aos comedores escolares, para o que se a guía ‘Menús saudables no comedor escolar’. Nesta mesma liña van dirixidos os cursos que se están a impartir e que van dirixidos ao persoal de cociña que presta servizo nos comedores escolares de xestión directa pola Consellería.

E tamén co mesmo obxectivo, a Consellería do Mar levou ao Vilagarcía Basket Cup a campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”, para animar aos participantes a degustar conservas galegas. Os preto de 1.000 deportistas de diferentes países que estaban presentes no torneo puideron degustar mexillóns, atún ou sardiñas en conserva.