Turismo cinematográfico en Lugo

As primeiras Xornadas sobre Turismo Cinematográfico de Lugo, organizadas pola Fundación TIC, reunen hasta o sábado a cen persoas procedentes de toda Galicia, entre profesionais e estudantes do ámbito turístico, cultural e audiovisual, e público en xeral.


Segundo o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, trátase dunha estratexia de promoción turística e de dinamización económica consistente en aproveitar como reclamo as localizacións de rodaxe das películas para atraer visitantes e difundir os recursos paisaxísticos e culturais.


“Aproveitar o medio ambiente e o cine é unha oportunidade económica extraordinaria”, destacou o Presidente provincial, que puxo como exemplo do efecto chamada que exerce o cine a laureada cinta “Vicky Cristina Barcelona”, de Woody Allen, grazas á que a cidade condal aumentou a súa sona internacional.