Terras de Pontevedra exhíbese ante a prensa especializada

A Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra organiza mañá e pasado mañá un press trip, orientado á prensa especializada de todo o Estado. Estarán en Pontevedra xornalistas das revistas Viajeros ou Magazine, e xornais como La Razón, ABC, Diario de León ou La Opinión de Zamora. O obxectivo é dar a coñecer os produtos de Terras de Pontevedra como a arte rupestre ou as rutas pola ría.

O programa para estes dous días inclúe unha visita guiada ao centro histórico de Pontevedra, un paseo en barco pola ría, unha visita a Combarro e ao Centro Arqueolóxico de Tourón (Ponte Caldelas) así como unha recepción por parte do presidente da entidade, Miguel Anxo Fernández Lores.