Curso de iniciación á elaboración de xeados na EFA A Cancela

A Escola de Formación Profesional A Cancela de As Neves organiza un curso de iniciación á elaboración de xeados, que terá lugar os días 23 e 24 de maio. Será impartido por un dos técnicos máis prestixiosos do noso país, Fernando Saez.

Este curso está orientado para todas aquelas empresas tanto de pastelería como restaurantes que pretendan elaborar os seus propios xeados, utilizando as técnicas máis avanzadas, sen renunciar aos métodos artesáns que garantan unha maior calidade do traballo e á maior rendibilidade do negocio.

O curso terá lugar nas instalacións da escola e terá un aforo limitado.