A cociña xaponesa amosa os seus segredos en Portonovo

Xa comezaron en Portonovo as II Xornadas Técnicas de Pesca e Gastronomía que organiza o GAC 6. No primeiro día, os asistentes puideron coñecer os segredos da cociña xaponesa, na que predomina o emprego do peixe. Na xornada deste martes, as ponencias teóricas versarán sobre “Transición do mar á restauración” e “A loita pola defensa do produto dun pobo mediante unha Identificación Xeográfica Protexida”.

O bloque gastronómico, a cargo do cociñeiro Domingo Bello, centrarase no tratamento e exaltación de produtos esquecidos na nova cociña.

Ao igual que na primeira edición das Xornadas, ao remate destas segundas realizarase un receitario GACstroderías co fin de promover o consumo dos peixes e mariscos que se capturan e comercializan na ría de Pontevedra.