Soutomaior rende tributo á camelia esta fin de semana

O Castelo de Soutomaior acolle esta fin de semana a XI edición do Certame e Exposición da Camelia, que o Concello organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Pero ademais, os veciños e visitantes que se acheguen a este municipio pontevedrés poderán gozar da beleza desta flor nos escaparates dos comercios de Arcade.

A novidade deste ano é que haberá outra modalidade para os comercios participantes, ademáis de valorar a flor valorarase a composición artística da obra que adorna os seus escaparates. A entrega de premios celebrarase o domingo, e estará amenizada pola Minibanda da Asociación Musical Artística de Arcade.