Sónar Galicia internacional en A Coruña

O Festival Internacional de Música Avanzada Sónar Galicia 2011 levará á Coruña do 17 ao 18 de xuño unha trintena de actuacións de artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel. A segunda edición de Sónar Galicia, froito da colaboración entre Avanced Music e a Xunta de Galicia, permitirá consolidar a bicapitalidade do festival, iniciada no Xacobeo 2010, e facer un percorrido polas múltiples caras da electrónica actual.

A programación de Sónar Galicia 2011 inclúe a varios dos máis destacados artistas do panorama internacional da actualidade, a maioría dos cales actuarán por primeira vez na Coruña. Shackleton, James Holden e The Gaslamp Killer formarán parte desta programación xunto a M.I.A., Magnetic Man, Underworld, Die Antwoord, Cut Copy, Boys Noize ou Buraka Som Sistema, entre outros.