O restaurante Pandemonium e o artífice da súa cociña, Antonio Botana, vén de embarcarse nunha nova aventura culinaria xunto con Conservas de Cambados: a creación dunha conserva de “Lamprea á bordelesa”. Ata o momento ninguén se atrevera a enlatar esta exquisitez culinaria que xa os romanos souberon aproveitar na súa cociña. Con esta preparación os seus artífices logran que un prato eminentemente estacional poida ser degustado durante todo o ano.
A conserva foi presentada na recente edición de Madrid Fusión, na que acadou un rotundo éxito entre os chefs asistentes e os críticos gastronómicos que a probaron.
A conserva foi presentada na recente edición de Madrid Fusión, na que acadou un rotundo éxito entre os chefs asistentes e os críticos gastronómicos que a probaron.