A nova zona de baño do Miño en Lugo contará con catro pantaláns

O Concello de Lugo ultima o proxecto para a creación dunha área de baño no río Miño, para o que contará coa colaboración da Deputación Provincial. O proxecto consiste na creación de catro pantaláns, tres deles na zona dos Robles e outro, máis pequeno, a carón da nova pasarela do Miño. Ademais, un vaise adecuar como zona de baño infantil.

O proxecto tamén contempla a creación de dous novos parques infantís. Un deles será cuberto e instalarase a carón do Recinto Feiral e outro, que será máis pequeno, situarase nas proximidades da zona de baño, na que tamén haberá dous vestiarios.