Guardeses e visitantes están convidados a participar na cuarta Ruta do Pincho

A Asociación de Comerciantes Ábaco organiza a cuarta edición da Ruta do Pincho, que está patrocinada por Bodegas Marqués de Vizhoja. En total participan dezanove establecementos da localidade que ofrecerán orixinais petiscos e tapas. Como en anteriores edicións, os clientes que participen na Ruta terán un pasaporte que irán selando nos diferentes locais. Haberá premios para aqueles que completen o pasaporte, entre eles unha fin de semana no Talaso Atlántico.

A Ruta estará en funcionamento ata o vindeiro 10 de abril, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 22.00 horas os xoves, venres e sábados, e os domingos só de mañá.