García-Borregón ocupará a presidencia da Reserva do Xurés

Xa foron constituídos os órganos de goberno da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, na que o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, ostenta a Presidencia mentres que o director do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Tomás Merino, encargarase da Secretaría. A vicepresidencia correrá a cargo do presidente do Instituto de Conservación da Natureza e da Biodiversidade de Portugal.

Ademais, procedeuse á constitución da Comisión de Dirección Transfronteiriza, así como da Xunta de Cooperación e a presentación do Plan de Acción da Reserva da Biosfera, documento elaborado en varias reunións técnicas realizadas entre representantes de ámbolos dous países.