Concurso de cociña e coctelería no IES Fraga do Eume

O IES Fraga do Eume ocolle este xoves, día 17 de marzo a XII edición do Concurso de Cociña e Coctelería “José Rodríguez-Moldes Rey”, no que participan as Escolas de Hostalería de Galicia

O apartado de cociña, este ano conntinúa coa dinámica establecida a pasada edición cunha elaboración tradicional, pescada á romana, que deberá ser realizada exclusivamente cos ingredientes propostos nas bases do concurso e unha elaboración creativa a base de lombo de “porco celta.

Os alumnos formarán parella representando aos centros invitados e realizarán as citadas elaboracións, que serán sometidás á degustación dos membros do xurado.

No apartado de coctelería o xurado valorara a destreza e técnica dos participantes, a partir de un receitario internacional. Neste caso a participación e a titulo individual.