A Xunta propón á antiga mina de As Pontes para o proxecto EDEN

Cada edición dos premios EDEN xira arredor dun tema elixido pola Comisión Europea e mais as oficinas de turismo nacional competentes. Nesta edición 2011 o tema é a rexeneración de espazos físicos do patrimonio local degradado para a súa reconversión en atractivo turístico. Por iso, a Secretaría Xeral para o Turismo impulsou a candidatura do Concello das Pontes aos premios, pola rexeneración da mina de lignito que abasteceu á súa central térmica e que estaba conformada por residuos do xacemento mineiro.

A rexeneración consistiu na creación dun lago artificial de 865 hectáreas utilizando auga desviada do caudal do río Eume. Reconverteuse por tanto o oco da mina e o espazo ocupado por entullos e refugallos nun lago e unha zona verde de máis de 11 quilómetros de extensión, con 600.000 árbores replantadas e con gran variedade de especies animais. O proceso de recheo do lago comezou en 2008 e rematará o vindeiro ano. Cando se remate o recheo instalaranse pantaláns para embarcacións de recreo e a práctica de deportes náuticos, tamén haberá praia artificial e zona de avistamento de aves.