Visitas guiadas polo paseo marítimo de Pontevedra

A Concellaría de Mobilidade urbana e Obras de Pontevedra organiza este sábado a primeira visita guiada polo paseo marítimo da avenida de Marín e a súa contorna. A actividade comezará ás 11.00 horas e partirá dende o Gremio de Mareantes. Terá unha duración aproximada de dúas horas, segundo confirmou o concelleiro Luís Bará, promotor da idea.

O obxectivo destas visitas guiadas é divulgar a importancia da ría e dos seus ecosistemas, así como a súa dinámica; coñecer a fauna e flora presente neste litoral urbano; dar a coñecer a evolución histórica deste litoral, e o seu reflexo no conxunto do municipio; e concienciar para a conservación e respecto do litoral.

A sesión estará aberta a todo o público en xeral, aínda que ao longo do mes de marzo comezarán os concertos cos centros de ensino da cidade para participar nestas visitas guiadas.