Ternera Gallega, orgullosa da súa etiqueta

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega vén de lanzar unha campaña publicitaria e promocional en medios exteriores. O obxecto é reforzar a imaxe de calidade da Denominación, aumentar a súa notoriedade, mellorar o grao de coñecemento da IXP e fomentar o consumo desta carne. Baixo o eslogan “Ternera Gallega, unha carne de etiqueta”, a actividade consiste na localización de valados exteriores de gran formato repartidos por toda a xeografía galega. Tamén se colocarán mensaxes nos autobuses urbanos.

Esta campaña estará reforzada ademais nos establecementos colaboradores, mediante elementos de imaxe internos que lembren as cualidades propias de Ternera Gallega, como a súa xugosidade, excelente ternura e un sabor característico e diferente que a fan única.