Samuel Juárez anima aos produtores de queixo a apostar polo mercado exterior

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asistiu en Monterroso á XX Feira do Queixo da Ulloa, onde animou aos produtores a apostar polo mercado exterior. Neste senso, o conselleiro resaltou “a importancia de apoiar as ventas no exterior”, recordando que o queixo de Galicia ten aínda moito traballo que facer para chegar a máis mercados “e con iso incrementar de xeito significativo as ventas”.

O titular de Medio Rural fixo fincapé na tendencia crecente da produción de queixo na nosa Comunidade, ademais, engadiu: “Nos últimos dous anos estanse abordando unha serie de proxectos de investimento na industria queixeira que van permitir diversificar o leite producido en Galicia”. Este é un dos obxectivos principais do Plan Estratéxico que a Xunta fixo, en colaboración co sector agrario, no ano 2009.