Patrimonio avanza na musealización do Campillo de Santa María de Pontevedra

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e do Concello de Pontevedra mantiveron unha reunión para avanzar na solución definitiva para o proxecto de restauración e musealización do Campillo de Santa María. Na reunión estableceuse que o proxecto de musealización dos restos arqueolóxicos deberá compatibilizar a súa posta en valor coa conservación dos valores propios do espazo singular do conxunto histórico da cidade.