O turismo de Galicia promociónase en Lisboa e noutros catro mercados turísticos

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, continúa co seu calendario anual de promoción do Turismo de Galicia en feiras especializadas e, así, estará presente nos vindeiros días nas feiras Bolsa Internacional do Turismo de Lisboa (BTL), Reise, de Essen (Alemaña); FREE, de Munich (Alemaña), TTG Meeting, en Italia; e na Feira Internacional de Ornitoloxía, que se celebra en Estremadura.

En Lisboa, Turgalicia estará presente a través dun stand de 144 metros cadrados. Estarán tamén como coexpositores Turismo da Coruña e o Padroado de Turismo de Ourense. Ademais, terá un módulo especial de Promoción a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo para difundir os valores turísticos do Camiño de Santiago en Portugal.