O Parlamento galego rexeita a ausencia de Zapatero no Xacobeo

O Pleno do Parlamento galego aprobou unha iniciativa do Grupo Popular mediante a que expresou o seu rexeitamento ao comportamento do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, de non apoiar coa súa presencia en Galicia o Ano Santo Xacobeo 2010. O voceiro de Cultura dos populares, Ignacio López-Chaves, lembrou que a actitude do Goberno central durante o Xacobeo 2010 foi de “boicot”, concretado na negativa a celebrar un Sorteo Extraordinario da Lotería ou en feitos como o de non convocar o Real Padroado do Consorcio, pechar o Ano Santo cun acto en Asturias ou negarse a celebrar unha xuntanza do Consello de Ministros de Cultura da UE en Galicia durante a presidencia española.

“Rodríguez Zapatero demostrou a súa actitude discriminatoria con Galicia no Xacobeo”, indicou López-Chaves, quen apuntou que “Zapatero só ven a Galicia a pedir o voto”.