O GAC Ría de Pontevedra organiza unhas xornadas de turismo sustentable

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas e Turismo de Sanxenxo, organiza unhas xornadas sobre turismo sustentable, que se celebrarán a próxima semana en Portonovo. Están chamados a participar todos os profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro que estean desenvolvendo actividades turísticas complementarias.

Tamén poden acudir todos os empresarios turísticos do territorio interesados na materia.