O Entroido sen alcohol

A campaña 'Libre', de fomento dunha condución segura e sen alcohol entre a mocidade, desenvolverase este ano máis alá dos propios meses de verán e, así, xa terá presenza nos días de Entroido e na Semana Santa. Ademais, este ano a iniciativa contará cun tema musical propio elaborado polo grupo ribeirense Jabón Blue. En 2011 a campaña vaise iniciar na semana previa ao Entroido, e terá continuidade na Semana Santa. Con todo, o maior despregue seguirá sendo no verán, en tanto é a época asociada cun maior tempo de ocio nocturno.

En 2010, só de xullo a setembro, foron preto de 100.000 as persoas que recibiron esta mensaxe, xa que a campaña estivo presente nas festas, romarías e concertos do verán galego. Na difusión da mesma, colaboraron tres das principais orquestras galegas.