Lourenzá inaugurou a súa aula da natureza

O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, acompañado polo alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, e pola concelleira de Medio Rural e Medio Ambiente, Emma Álvarez, inaugurou a Aula de Natureza deste concello lugués. O centro está situado no edificio do antigo matadoiro municipal do lugar da Ferreira, na parroquia de Santa María, que foi rehabilitado pola Escola Obradoiro “Val de Lourenzá”.

O director xeral de Conservación da Natureza aproveitou a súa estadía en Lourenzá para visitar as obras de adecuación de servizos e instalación de xogos na área recreativa da Cazolga, financiadas con cargo ás axudas que xestiona Medio Rural para municipios de Rede Natura 2000 cun orzamento de 19.900 euros.