Doce mil pontevedreses coñecerán a súa provincia grazas á Deputación

A Deputación de Pontevedrán vén de anunciar a posta en marcha no 2011 da que será a cuarta edición do programa “Coñece a túa Provincia”, que conta cunha dotación económica de 180.000 euros. Esta iniciativa, que terá capacidade para 12.000 persoas, ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través da posta en marcha de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación e a diferentes lugares de interese medio ambiental, histórico e turístico da provincia.

O custe de cada viaxe ascenderá a 21 euros por persoa dos cales 15 serán achegados pola Deputación e 6 polos destinatarios. O programa inclúe visitas a lugares como o Castelo de Soutomaior, a Virxe da Roca, o conxunto histórico-artístico de Combarro ou o parque arqueolóxico de Campo Lameiro.