A Coruña promociónase na capital lusa

Turismo da Coruña participa na Bolsa de Turismo de Lisboa (BTL), a feira máis importante do sector turístico de Portugal, que se celebra do 23 ao 27 de febreiro. A Coruña acudirá a esta cita co obxectivo de promocionar a nova marca de cidade “A Coruña, gústame...” con folletos e material promocional específico para o mercado luso.

Este mercado, nomeadamente o lisboeta, é de gran importancia para a cidade herculina. O feito de que A Coruña teña conexión directa con Lisboa grazas ao convenio do Concello coa aeroliña TAP Portugal é un “importante factor que reforza sustancialmente esta labor de promoción e posiciona a nosa cidade nun lugar preferente dentro do mercado portugués”, sinala o departamento de Turismo.