A Xunta apura a primeira granxa mariña de orella de mar

A primeia granxa de orella mariña, que se construirá en Muros, xerará máis de 120 empregos directos e indirectos e trátase do primeiro proxecto de acuicultura de creación desenvolvido nos últimos cinco anos. O Consello da Xunta ven de aprobar o decreto polo que se declara a urgente ocupación dos bens e dereitos afectados pola ejecución deste proxecto.

A Consellería do Mar destina a esta granxa criadeiro un total de 3.503.250 euros, a través das axudas destinadas ao ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca. A empresa promotora do proxecto, que é a que recibirá esta axuda, é Galician Marine Acuicultura, S.L.