Xantar salta a escena en Fitur

O Salon Xantar convertirá a Ourense “na capital gastronómica de Galicia”, segundo dixo o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, durante a presentación do certamen en Fitur.

Entre as principais novidades desta nova edición de Xantar, que se celebrará en Expourense do 2 ao 6 de febreiro, cabe salientar a promoción que se realizará do entroido galego e da gastronomía propia do carnaval, así como a presencia de Francia como país invitado.

Nesta súa décimo novena edición, Xantar conta cun tyotal de 19 restaurantes participantes. No salón, que marca o inicio do calendario das máis de 300 festas gastronómicas galegas, están representadas diferentes comarcas de Galicia, a través dos restaurantes que participan no salón, Asturias, Extramadura, Andalucía e varias rexións turísticas de Portugal, así como o país invitado.