Quiroga prepara a XI Mostra do Aceite

A undécima Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase 20 de marzo e o prazo de inscrición para os participantes estará aberto desde o martes ata o 7 de febreiro. Os produtores que desexen tomar parte na mostra deberán contar cunha colleita de ao menos douscentos litros e abonar cen euros ou facilitar unha cantidade equivalente de aceite.

A selección dos participantes, segundo publica La Voz de Galicia, levarase a cabo conforme a orde de inscrición nas oficinas municipais e tendo e conta o resultado da análises químicas e organolépticas das mostras de aceite, que serán realizadas proximamente por un laboratorio especializado.