Novas variedades de kiwi en Galicia

A Deputación Provincial de Pontevedra asinou un convenio de colaboración coa empresa Kiwi Atlántico S.A que posibilitará a investigación e produción de dúas novas variedades de kiwi na provincia de Pontevedra. A empresa Kiwi Atlántico achegará 116.000 euros que irán destinados á citada investigación, que se prolongará ata xullo de 2013.

En concreto, as dúas novas variedades que se pretende introducir nos cultivos de kiwi de Galicia son o kiwi amarelo e o kiwi de verán. A primeira caracterízase polo seu dulzor e pola súa pel, amarelenta, fina e carente de pelo; e a segunda, polo seu particular ciclo produtivo (ten un tempo de maduración diferente ao do kiwi convencional) que permite ter as explotacións ocupadas todo o ano, e súa pel similar á do kiwi amarelo.