Nacho Santos desvela os segredos de Xacobeo 2010

O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, participou en “Pública11.Encuentros Profesionales de Gestión Cultural Pública”, unhas xornadas organizadas polo Círculo de Bellas Artes e a Fundación Contemporánea, en Madrid. Estes encontros, que se celebran por primeira vez, pretenden converterse nunha cita anual de encontro para os profesionais da xestión cultural.

Ignacio Santos presentou a conferencia “Xacobeo Galicia 2010. Cultura e Turismo”, na que afondou sobre diferentes ámbitos de xestión como foron a creación dun programa multidisciplinar con máis de 2.000 eventos e actividades repartidas por toda a comunidade galega, o coidado das diferentes rutas do Camiño de Santiago e a ampliación da rede de albergues ou o desenvolvemento dunha estratexia de promoción de ámbito internacional.