Manzaneda abre unha pista con neve artificial

Os amantes dos deportes de inverno que dispoñan duns días libres poden achegarse á Estación de Manzaneda pois, segundo informa a súa xerencia, abre este martes unha das súas pistas con neve artificial, aproveitando as baixas temperaturas.

Como non hai precipitacións, bótase man da neve artificial na única pista innivable artificialmente, a pista Xeixo. Máis información en www.manzaneda.com.