A Guarda prepara unha nova edición da súa Ruta do Pincho

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (Ábaco) prepara unha nova edición da súa Ruta do Pincho, unha iniciativa que está a ser todo un éxito na Guarda. Abriuse o prazo de inscrición para que todos aqueles establecementos que queiran participar se anoten. Hai de prazo ata o 4 de febreiro.

Os interesados en participar poden obter máis información en www.asociacionabaco.com ou chamar ao teléfono 986 610 887.