A Xunta garante un mapa de rutas aéreas semellante ao do Xacobeo

A Xunta garante que Galicia terá no ano 2011 un mapa de rutas equivalente ao do ano Xacobeo, coa posibilidade incluso de mellorar o número de destinos internacionais nos tres aeroportos. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou hoxe en rolda de prensa, na que estivo acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director Xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, que “estamos en disposición de mellorar a conectividade aérea de Galicia con menos recursos que o presente ano, froito dunha importante labor negociadora”.

E segundo dixo cun “orzamento un 30% máis baixo”
Así as cousas, Peinador mantería o mesmo mapa que en 2010 (Bruxelas e Sevilla), barallándose Milán en lugar e Sevilla como segundo destino se o concello complementa a aportación da Xunta cunha cifra adicional aproximada de 272.000 euros.

Alvedro tamén mantería a conectividade deste ano (Amsterdam e Valencia), barallándose Roma, en lugar e Valencia, como segundo destino se o concello complementa a aportación da Xunta cunha cifra adicional de 259.000 euros.

Lavacolla mantén cinco rutas (Frankfurt, Londres, Xenebra, Zurich, París), coa posibilidade de converterse en seis en función das negociacións que se están a efectuar.