Xantar Cunqueirán en Padrón

O restaurante Chef Rivera de Padrón volveu acoller o Xantar Cunqueirán, unha homenaxe á Slow Food que segue os consellos culinarios do escritor ourensán. Non faltaron á cita José María Fonseca, Guillermo Campos, Pepe Rodríguez, Antón Louro, Modesto Pose, Jorge Hermida ou Benigno Miranda.

Entre as exquisiteces que prepararon o Chef e o seu fillo Alejandro, un Caldo consumado de pombo, unha Perdiz estofada con coles ou Xelado de froitos en crema morna.