Terras de Pontevedra presenta as rutas marítimo terrestres

A Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra presenta hoxe, 3 de decembro, as rutas marítimo-terrestres e as embarcacións do proxecto Latitude 42º, do Plan de Dinamización de Produto Turístico (PDPT) Terras de Pontevedra. A saída será ás 11.30 horas dende o peirao das Corbaceiras (Pontevedra).

Os alcaldes e os medios de comunicación coñecerán as catro novas rutas marítimo-terrestres que ofertará Latitude 42º: Taxi-praia, Roteiro Terras de Pontevedra, Calas e Illa de Ons, que se porán en marcha a comezos vindeiro ano 2011; e tamén poderán viaxar nunha das embarcacións especiais que se utilizarán, nun percorrido de hora e media pola ría.

Esta presentación pública servirá para ofrecer unha xornada de portas abertas do proxecto, dirixida ao público en xeral, durante esta fin de semana (só polas mañás).